jueves, 29 de junio de 2023

VELA- XOGADE

 O alumnado de 3º de Primaria disfrutou en augas da Ría de Pontevedra o pasado venres 2 de Xuño  dun bautismo na modalidade de vela. A actividade resoltou moi divertida e o noso alumnado voltou encantado desta experiencia. Premendo na foto podedes ver unha pequena reportaxe fotográfica deste evento.




viernes, 26 de mayo de 2023

BALONMÁN- XOGADE 24/07/23

O pasado mércores 24 de Maio a totalidade do alumnado de 4º de Primaria desprazouse á localidade veciña de Portonovo, concretamente ao colexio Abrente, para participar nunha actividade de balonmán. O traballo previo nas sesións de Ed. Física serviu para poñer en práctica o aprendido e competir de maneira non oficial con outros centros da comarca. Os nosos disfrutaron dunha actividade na que primaba a participación independentemente do nivel de destreza, como debe de ser calquera actividade deportiva escolar. Aquí vos deixamos unhas fotos que podedes ver premendo na imaxe de máis abaixo.




miércoles, 24 de mayo de 2023

GOLF- XOGADE

O pasado martes 23 de maio o alumnado de 5º de Primaria puido disfrutar dunhan xornada deportiva non habitual. Acompañados da súa titora e do mestre de Ed. Física tiveron unha toma de contacto co GOLF nas magníficas instalacións do campo de Meis. Alí dous monitores explicáronlles cales eran os valores deste deporte así como as regras escritas e non escritas do mesmo. Tras observar unha partida a un burato por parte dos monitores, dous golfistas profesionais, chegou o momento máis esperado, o de practicar o golf. Co grupo dividido en dous uns practicaron o golpeo longo mentres que o outro o fixo co golpeo curto para cambiar posteriormente os papeis. A boa fe que disfrutaron desta actividade nun entorno e nun día moi agradable.Se pinchades na foto podedes ver máis fotos desta actividade. 



lunes, 24 de abril de 2023

BARCOS DRAGÓN- XOGADE

O mércores 19 de Abril o alumnado de 6º de Primaria salía de novo do centro para levar a cabo unha actividade do XOGADE. Nesta ocasión trasladámonos ata Verducido para probar os barcos dragón nos que, sen dúbida, o traballo en equipo e a coordinación entre todos os tripulantes son un factor esencial. A proba dos mesmos resoltou todo un éxito e o noso alumnado voltou encantado da experiencia que se viu reforzada por unha boa climatología con sol e calor. Premendo na foto de máis abaixo podedes ver unha reportaxe fotográfica tanto dos adestramentos no colexio como da actividade que levamos a cabo en Verducido.   



ATLETISMO EN PISTA e VOLEI- XOGADE

O pasado luns 17 de Abril case que todo o alumnado de 5º e 6º se desplazou ata o Recinto ferial do IFEVI, en Vigo, para participar en dúas actividades do XOGADE xunto a outros centros da bisbarra. No caso de 5º de Primaria, a actividade que desenrolou este nivel foi a de ATLETISMO EN PISTA. Foron varias as probas nas que puideron competir tales como velocidade (60 ml), medio fondo (500 ml), lanzamento de peso e wortex, salto de lonxitude  así como nunha proba de relevos; pola súa banda o alumnado de 6º de Primaria puxo tamén en práctica o traballado nas sesións de Ed. Física competindo nesta ocasión en VOLEIBOL. Cun sistema de rotación cada equipo foise enfrentando ao resto de formacións primando en todo o momento a participación de todo o alumnado. 

Sen dúbida que con este tipo de actividades foméntanse os valores educativos do deporte, algo que nunca debemos de perder de vista cando traballamos con nenos e nenas. 

Premendo na foto correspondente podeder ollar fotos das duas actividades desenroladas nesta xornada do XOGADE.




miércoles, 1 de marzo de 2023

CARREIRA SOLIDARIA

Despois de moito esperar a que mellorase o tempo, por fin poidemos levar a cabo a carreira solidaria que facemos no centro ano tras ano. A mesma desenvolveuse o luns 30 de Xaneiro coincidindo coa celebración do "Día da Paz". Nela participou a totalidade do alumnado, competindo simbólicamente por niveis, así como o profesorado. A razón solidaria foi a de colaborar cunha ONG, "Save the chidren" que axuda a nenos e nenas sen recursos. Para elo pediuse ás familias e ó resto da comunidade educativa  que patrocinasen o evento de xeito voluntario, recaudando desta maneira    que xa foron enviados á mencionada ong. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración!. Podedes ver un resumo da carreira no seguinte vídeo:  


lunes, 13 de febrero de 2023

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS-XOGADE

O mércores 1 de febreiro disputouse en Portas o campionato provincial de campo a través para centros escolares. A esta cita acudían por parte do noso centro os cursos de 3º e 6 de Primaria como vencedores na fase comarcal levada a cabo en xaneiro. A nivel individual Raquel Santiago  sería terceira na carreira dos de 3º de Primaria en tanto que Martiño Domínguez era segundo na de 6º. A nivel equipos, o de 3º remataba na onceava posición mentras que os de 6º facían podium rematando na terceira posición final. Parabéns para todos e todas e para o ano máis!.

Pincha na foto de grupo para ver máis fotos