lunes, 24 de abril de 2023

BARCOS DRAGÓN- XOGADE

O mércores 19 de Abril o alumnado de 6º de Primaria salía de novo do centro para levar a cabo unha actividade do XOGADE. Nesta ocasión trasladámonos ata Verducido para probar os barcos dragón nos que, sen dúbida, o traballo en equipo e a coordinación entre todos os tripulantes son un factor esencial. A proba dos mesmos resoltou todo un éxito e o noso alumnado voltou encantado da experiencia que se viu reforzada por unha boa climatología con sol e calor. Premendo na foto de máis abaixo podedes ver unha reportaxe fotográfica tanto dos adestramentos no colexio como da actividade que levamos a cabo en Verducido.   



No hay comentarios:

Publicar un comentario