O pasado martes 23 de maio o alumnado de 5º de Primaria puido disfrutar dunhan xornada deportiva non habitual. Acompañados da súa titora e do mestre de Ed. Física tiveron unha toma de contacto co GOLF nas magníficas instalacións do campo de Meis. Alí dous monitores explicáronlles cales eran os valores deste deporte así como as regras escritas e non escritas do mesmo. Tras observar unha partida a un burato por parte dos monitores, dous golfistas profesionais, chegou o momento máis esperado, o de practicar o golf. Co grupo dividido en dous uns practicaron o golpeo longo mentres que o outro o fixo co golpeo curto para cambiar posteriormente os papeis. A boa fe que disfrutaron desta actividade nun entorno e nun día moi agradable.Se pinchades na foto podedes ver máis fotos desta actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario