miércoles, 23 de junio de 2021

REMATE DA CAMPAÑA DE MOBILIDADE SOSTIBLE

 De tremendo éxito se pode calificar esta campaña que levamos a cabo no terceiro trimestre. O grado de implicación das familias foi moi satisfactorio. Dos 230 alumnos que ten o centro, 147 cumpriron o reto e, polo tanto, tiveron os seus agasallos consistentes nun diploma así como unha chapa e un chaveiro feitos no propio centro tendo como protagonista a mascota da campaña, a nosa centola patinadora. Para aqueles que non completaron o reto tamén houbo un detalle. O éxito desta campaña nos anima a seguir o ano que ven. Agora solo falta que cunda o exemplo e vexamos a máis familias acudindo ao centro a pé, en bici ou en patinete. 




martes, 1 de junio de 2021

CAMPAÑA DE MOBILIDADE SOSTIBLE


Tras 20 días ininterrumpidos desde o 3 de Maio en que comezamos esta campaña, unha boa cantidade de nenos e nenas xa teñen cuberto o seu carnet e, por tanto, acadaron o reto que propoñíamos. Bravo por eles e polas súas familias!. Agora seguirémoslles poñendo pegatinas no seu carnet ata o 18 de Xuño, data na que remata esta campaña e na que haberá sorpresas para todos aqueles que acaden o reto.