lunes, 9 de mayo de 2022

XOGADE- BARCOS DRAGÓN

O alumnado de 6º de Primaria disfrutou dunha xornada de piragüismo no río Lérez en Pontevedra grazas ao programa Xogade da Xunta de Galicia. Tras adquirir unhas nocións básicas nas sesións de Ed. Física no colexio, chegou o momento de botarse a navegar nesta actividade dos barcos dragón na que a coordinación e o traballo en equipo son fundamentais. Premendo na foto que figura a continuación podedes ver unha reportaxe fotográfica desta divertida actividade.




lunes, 2 de mayo de 2022

INICIO DA CAMPAÑA DE MOBILIDADE SOSTIBLE

 Co arranque do mes de maio comezou a campaña de mobilidade que tanto éxito tivo o ano pasado. Hoxe foi case que a metade do alumnado o que accedeu ao colexio camiñando, en patinete ou en bicicleta. O bo tempo, propio desta época do ano, animounos a facer un pouco de exercicio de camiño á escola. Nos carnets persoais xa figura a primeira centola da campaña. A medida que vaian pasando as xornadas  seguro que se anotan moitos máis. Moito ánimo a tod@s e a seguir así!.