Como xa ven sendo tradición nos últimos anos, no terceiro trimestre levamos a cabo unha campaña de mobilidade para empregar o menos posible o vehículo particular para acceder ao centro. Os rapaces recibían unha pegatina nun carnet por cada día que accederan ao colexio andando, en bici, patinete ou transporte colectivo principalmente. Ao termo desta campaña aqueles que completaron o carnet recibiron un diploma e un pequeno agasallo consistente nunha libreta co logo da campaña, o noso "Zapatín". A iniciativa foi seguida polo 75% do alumnado, o cal o podemos considerar como un éxito.
jueves, 18 de junio de 2026
XOGADE- ATLETISMO EN PISTA-4º de Primaria
O pasado 14 de maio o alumnado de 4º de Primaria desprazouse ata a pista de atletismo da localidade veciña de Cambados para participar nunha competición de atletismo xunto a outros centros da comarca do Salnés. Primando a participación, xa que todos os alumnos das clases se repartiron nas distintas modalidades ofertadas (60 ml, 400 ml, lanzamento de peso, de wortex, salto de lonxitude e relevos), os nosos disfrutaron e o deron todo. Premendo na foto podedes ver unha ampla reportaxe fotográfica deste evento.
miércoles, 13 de mayo de 2026
XOGADE- XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS- 6º PRIM
O pasado martes 5 de maio o alumnado de 6º de Primaria desprazouse ata o concello veciño de Sanxenxo para participar nuhha actividade organizada pola Agrupación Deportiva Val do Salnés dentro do Xogade.
Xunto con outros centros da bisbarra, os nosos puideron practicar con grande entusiasmo catro xogos populares da zona como son a billarda, os bolos celtas, a petanca e a chave. Premendo na foto inferior podedes ollar fotos e vídeos desta actividade.
XADREZ- PRIMARIA
XOGADE- BALONMÁN- 4º de Primaria
No mes de marzo o alumnado de 4º de Primaria recibiu a visita de membros do club local de balonmán, o Rasoeiro, ao logo de dúas sesións lectivas. Nas mesmas os nosos rapaces puideron practicar xogos de cooperación e de cooperación-oposición que lles serviron para entender mellor este interesante deporte colectivo. A guinda final foi a asistencia o 25 de marzo a unha actividade conxunta cos demais coles do Concello no pavillón municipal do Monte da Vila na que puxeron en práctica o aprendido nas sesións previas e nas clases de Ed. Física. Premendo na foto inferior podedes ollar unha reportaxe fotográfica desta actividade.
lunes, 4 de mayo de 2026
DEPORTE ADAPTADO
O 30 de abril recibimos no cole a visita de membros da Agrupación Deportiva e Social "Un paso máis", da localidade coruñesa de Carballo, entidade adicada á promoción do deporte inclusivo e adaptado. Durante toda a mañá o alumnado de Primaria en diferentes turnos practicou varios deportes adaptados poñéndose na pel dos que se moven en cadeira de rodas ou están privados da visión. A actividade resoltou moi enriquecedora e serviu para que o noso alumnado entendese que se pode facer neste caso deporte con diversidade funcional.









.jpg)
