viernes, 26 de mayo de 2023

BALONMÁN- XOGADE 24/07/23

O pasado mércores 24 de Maio a totalidade do alumnado de 4º de Primaria desprazouse á localidade veciña de Portonovo, concretamente ao colexio Abrente, para participar nunha actividade de balonmán. O traballo previo nas sesións de Ed. Física serviu para poñer en práctica o aprendido e competir de maneira non oficial con outros centros da comarca. Os nosos disfrutaron dunha actividade na que primaba a participación independentemente do nivel de destreza, como debe de ser calquera actividade deportiva escolar. Aquí vos deixamos unhas fotos que podedes ver premendo na imaxe de máis abaixo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario