jueves, 3 de diciembre de 2020

KILÓMETROS SOLIDARIOS

 A pandemia da Covid-19 que estamos a vivir non foi impedimento para que o Centro, un ano máis, organizara a súa carreira solidaria en favor da ONG "Save the Children". Tirando de imaxinación, a totalidade do alumnado e profesorado do Centro participou neste evento deportivo, eso sí, coas restriccións establecidas pola pandemia. Así, cada grupo de clase, durante unha sesión de Ed. Física, completou un percorrido polo patio do centro correndo de xeito individual e por relevos, facendoo os mestres en dous recreos. Ao final foron 88 os kms en total percorridos, amosando que a unión fai a forza. Temos que agradecer ás familias a súa xenerosidade xa que se recaudaron neste acto solidario un total de 927,86 euros.

Premendo na imaxe podedes ver a galería de fotos da carreira solidaria.