jueves, 18 de junio de 2026

XOGADE- ATLETISMO EN PISTA-4º de Primaria

 O pasado 14 de maio o alumnado de 4º de Primaria desprazouse ata a pista de atletismo da localidade veciña de Cambados para participar nunha competición de atletismo xunto a outros centros da comarca do Salnés. Primando a participación, xa que todos os alumnos das clases se repartiron  nas distintas modalidades ofertadas (60 ml, 400 ml, lanzamento de peso, de wortex, salto de lonxitude e relevos), os nosos disfrutaron e o deron todo. Premendo na foto podedes ver unha ampla reportaxe fotográfica deste evento.                            



No hay comentarios:

Publicar un comentario