jueves, 15 de diciembre de 2016

CAMPO A TRAVÉS- FASE COMARCAL 2016

O pasado 1 de Decembro acudimos a Portas a disputar a fase comarcal de campo a través con 40 atletas de 4º, 5º e 6º de Primaria, repartidos en catro categorías: alevín feminino, alevín masculino, infantil feminino e infantil masculino. A participación dos nosos atletas foi todo  un éxito e grazas aos resultados obtidos, con postos de privilexo en todas as categorías, moitos deles  disputarán no principio de ano a fase provincial na que se verán as caras co millor da provincia de Pontevedra. Ata de aquela, a seguir adestrando e disfrutando deste maravilloso deporte!. 

(Pinchade na imaxe para ver a reportaxe fotográfica)