martes, 26 de junio de 2018

COÑECE O TEU CLUB- BREOGAN PIRAGÜISMO

Recentemente o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria puido disfrutar coa presencia de todo un campeón do mundo e de Europa, o piragüista local Tono Campos, quen lles falou da actividade que realiza e os invitou a que acudisen ao club a probar a disciplina. A charla resultou do máis interesante. 



CARREIRA ESCOLAR DO SALNÉS 2018

Un ano máis o colexio acudiu á carreira escolar que organiza o colexio Abrente de Portonovo. Nesta ocasión foi o alumnado de 4º e 5º de Primaria o que participou na mesma, destacando os podiums acadados por Breixo Castro e Mar Cores (medallas de bronce) e David Benavides (medalla de plata). Ao marxe dos resultados os nosos atletas disfrutaron dunha gran xornada de convivencia e de deporte.   


Premede na imaxe

ATLETISMO EN PISTA

Como en anos anteriores o colexio participou na competición en pista organizada pola Xunta, o XOGADE, tanto nas categorías alevín como infantil, nesta última categoría en asociación co club deportivo Ría de Arousa de O Grove que tamén dirixen os dous mestes de Ed. Física do cole. Ao longo de varias xornadas previas os nosos atletas amosaron un gran nivel que mesmo lle permitiu a moitos deles participar no campeonato provincial e incluso no autonómico cos mellores de Galicia. Aquí tedes unha mostra fotográfica da nosa participación na pista. Podedes vela clicando nas imaxes.


Alevín en pista  




Infantil en pista

martes, 12 de junio de 2018

martes, 5 de junio de 2018

LIGA DE BALONCESTO- 5º de Primaria

A totalidade do alumnado de 5º de Primaria tivo oportunidade de poñer en práctica o aprendido nas clases de Ed. Física sobre o baloncesto. Para elo organizamos unha liga, a desenrolar no tempo de lecer, na que oito equipos, catro de cada un dos grupos,  se mediron enfrentándose todos contra todos ao longo de 7 xornadas. A competición trascurriu baixo os cauces agardados en canto a participación, ninguén quedou sen xogar, e deportividade, xa que eles mesmos foron os encargados de organizarse durante os partidos.

          (Premer na imaxe)

CAMPEONATO DE BRILÉ- 3º e 4º de Primaria

No terceiro tirmestre do curso o alumnado de 3º e 4º de Primaria está a disputar un interesante campeonato de brilé nos tempos de lecer  baixo o lema de "xogamos todos". Aquí tedes unha pequena reportaxe desta interesante competición.

(Preme na imaxe)