miércoles, 13 de mayo de 2026

XOGADE- XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS- 6º PRIM

 O pasado martes 5 de maio o alumnado de 6º de Primaria desprazouse ata o concello veciño de Sanxenxo para participar nuhha actividade organizada pola Agrupación Deportiva Val do Salnés dentro do Xogade. 

Xunto con outros centros da bisbarra, os nosos puideron practicar con grande entusiasmo catro xogos populares da zona como son a  billarda, os bolos celtas, a petanca e a chave. Premendo na foto inferior podedes ollar fotos e vídeos desta actividade.




XADREZ- PRIMARIA

Durante unha semana no mes de abril recibimos a visita dun monitor dun dos dous clubs de xadrez que hai no Grove, o Cum Laude. Aproveitando o tempo de lecer na biblioteca, os diferentes cursos de Primaria disfrutaron de xogos de introducción a esta actividade sendo invitados a asistir ás instalacións do club no caso de querer iniciarse ou de perfeccionar a técnica para aqueles que xa saben xogar. Interesante iniciativa que motivou a moitos dos nosos rapaces. 





XOGADE- BALONMÁN- 4º de Primaria

 No mes de marzo o alumnado de 4º de Primaria recibiu a visita de membros do club local de balonmán, o Rasoeiro, ao logo de dúas sesións lectivas. Nas mesmas  os nosos rapaces puideron practicar xogos de cooperación e de cooperación-oposición que lles serviron para entender mellor este interesante deporte colectivo. A guinda final foi a asistencia o 25 de marzo a unha actividade conxunta cos demais coles do Concello no pavillón municipal do Monte da Vila na que puxeron en práctica o aprendido nas sesións previas e nas clases de Ed. Física. Premendo na foto inferior podedes ollar unha reportaxe fotográfica desta actividade.




viernes, 5 de diciembre de 2025

CARREIRA SOLIDARIA NO CENTRO

 O pasado venres día 28 de novembro tivo lugar no centro unha carreira solidaria na que participou todo o alumnado e todo o profesorado. Tratouse dunha proba simbólica non competitiva por unha causa solidaria, neste caso en colaboración cunha fundación española que adica os seus esforzos a investigar sobre a leucemia infantil. Paralelamente as familias aportaron donativos para dita fundación recaudándose un total de 985,37 euros. No nome do centro grazas ás familias por esta colaboración solidaria. Premendo no enlace de máis abaixo  podedes ver unha reportaxe fotográfica da actividade.


https://photos.app.goo.gl/cX1rEYGTCGn1rCCbA

lunes, 27 de octubre de 2025

CROS DO XOGADE - Fase comarcal para centros educativos

 O pasado mércores 8 de outubro, preto de 90 nenos e nenas entre 2º e 6º de Primaria desprazáronse ata a praia de Montalvo, Sanxenxo, para participar no cros comarcal que todos os anos organiza o Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia dentro do programa Xogade. O noso alumnado disfrutou dunha xornada soleada de carreiras en competencia con outros centros educativos da comarca do Salnés. Pinchando na foto de máis abaixo podedes ollar unha pequena reportaxe fotográfica deste evento.



martes, 17 de junio de 2025

CAMPAÑA DE MOBILIDADE SOSTIBLE

 Como en anos anteriores, no terceiro trimestre levamos a cabo unha campaña de mobilidade sostible non contaminante. A idea era que as familias non empregaran o vehículo particular para acudir ao centro, incentivando deste xeito o exercicio físico ou o emprego de medios de transporte colectivos. A campaña resoltou un éxito e máis do 80% do alumnado conseguiu o reto. Ao remate da mesma deuse un diploma e un pequeno agasallo, consistente nunha taza co logo e o lema da campaña, a todos aqueles que a remataron con éxito. Agora tan só queda esperar que o exemplo cunda e máis familias empreguen medios de transporte non contaminantes. 



martes, 10 de junio de 2025

SESIÓN DE TENIS CO CÍRCULO CULTURAL DEPORTIVO DE SANXENXO

  O alumnado de toda Primaria puido disfrutar no terceiro trimestre do curso dunha sesión de tenis na clase de Educación Física. A iniciativa partiu do club de tenis de Sanxenxo quen se puxo en contacto co centro para ofrecer unha sesión en todos os cursos de Primaria. A experiencia resultou moi gratificante e motivadora para o noso alumnado. Premendo na foto podedes ver unha reportaxe fotográfica das sesións nos diferentes cursos.