miércoles, 1 de marzo de 2023

CARREIRA SOLIDARIA

Despois de moito esperar a que mellorase o tempo, por fin poidemos levar a cabo a carreira solidaria que facemos no centro ano tras ano. A mesma desenvolveuse o luns 30 de Xaneiro coincidindo coa celebración do "Día da Paz". Nela participou a totalidade do alumnado, competindo simbólicamente por niveis, así como o profesorado. A razón solidaria foi a de colaborar cunha ONG, "Save the chidren" que axuda a nenos e nenas sen recursos. Para elo pediuse ás familias e ó resto da comunidade educativa  que patrocinasen o evento de xeito voluntario, recaudando desta maneira    que xa foron enviados á mencionada ong. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración!. Podedes ver un resumo da carreira no seguinte vídeo: