O pasado luns 17 de Abril case que todo o alumnado de 5º e 6º se desplazou ata o Recinto ferial do IFEVI, en Vigo, para participar en dúas actividades do XOGADE xunto a outros centros da bisbarra. No caso de 5º de Primaria, a actividade que desenrolou este nivel foi a de ATLETISMO EN PISTA. Foron varias as probas nas que puideron competir tales como velocidade (60 ml), medio fondo (500 ml), lanzamento de peso e wortex, salto de lonxitude así como nunha proba de relevos; pola súa banda o alumnado de 6º de Primaria puxo tamén en práctica o traballado nas sesións de Ed. Física competindo nesta ocasión en VOLEIBOL. Cun sistema de rotación cada equipo foise enfrentando ao resto de formacións primando en todo o momento a participación de todo o alumnado.
Sen dúbida que con este tipo de actividades foméntanse os valores educativos do deporte, algo que nunca debemos de perder de vista cando traballamos con nenos e nenas.
Premendo na foto correspondente podeder ollar fotos das duas actividades desenroladas nesta xornada do XOGADE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario