miércoles, 29 de noviembre de 2023

VELA- Xogade 22/11/23

 Tras diversos aprazamentos por mor dos temporais,  o noso alumnado de 3º de Primaria acudiu no día de onte a Sanxenxo para disfrutar dunha divertida xornada de vela. Distribuidos en catro embarcacións moi ben capitaneadas polos membros do Club Naútico de Sanxenxo, os rapaces e rapazas puideron comprobar que non é tan fácil navegar, e que hai que estar pendentes e ben preparados para entender a forza natural do vento que é o que fai mover estas embarcacións. En resumo, un día divertido e diferente practicando un deporte habitual na zona pero que moitos nenos e nenas descoñecían. Premendo na foto de máis abaixo podedes ver unha reportaxe desta actividade.




No hay comentarios:

Publicar un comentario