O noso centro acudiu, como xa ven sendo habitual, á cita co campo a través para centros escolares que organiza a Xunta de Galicia dentro do programa XOGADE. Tras diversos aprazamentos por mor do mal tempo, por fin o mércores 15 de Novembro preto de 90 rapaces e rapazas entre 2º e 6º de Primaria do noso colexio acudiron á praia de Montalvo (Sanxenxo) para competir contra outros nenos e nenas da comarca do Salnés. Ao marxe dos resultados, que foron moi bos, os nosos atletas disfrutaron deste xornada de convivencia e deporte. En datas próximas os clasificados disputarán o campionato provincial para centros escolares. Pinchando na imaxe de máis abaixo podedes ver unha reportaxe fotográfica deste evento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario