Tras diversos aprazamentos por mor dos temporais, o noso alumnado de 3º de Primaria acudiu no día de onte a Sanxenxo para disfrutar dunha divertida xornada de vela. Distribuidos en catro embarcacións moi ben capitaneadas polos membros do Club Naútico de Sanxenxo, os rapaces e rapazas puideron comprobar que non é tan fácil navegar, e que hai que estar pendentes e ben preparados para entender a forza natural do vento que é o que fai mover estas embarcacións. En resumo, un día divertido e diferente practicando un deporte habitual na zona pero que moitos nenos e nenas descoñecían. Premendo na foto de máis abaixo podedes ver unha reportaxe desta actividade.
miércoles, 29 de noviembre de 2023
jueves, 23 de noviembre de 2023
FASE LOCAL DO XOGADE DE CROSS- 15/11/23
O noso centro acudiu, como xa ven sendo habitual, á cita co campo a través para centros escolares que organiza a Xunta de Galicia dentro do programa XOGADE. Tras diversos aprazamentos por mor do mal tempo, por fin o mércores 15 de Novembro preto de 90 rapaces e rapazas entre 2º e 6º de Primaria do noso colexio acudiron á praia de Montalvo (Sanxenxo) para competir contra outros nenos e nenas da comarca do Salnés. Ao marxe dos resultados, que foron moi bos, os nosos atletas disfrutaron deste xornada de convivencia e deporte. En datas próximas os clasificados disputarán o campionato provincial para centros escolares. Pinchando na imaxe de máis abaixo podedes ver unha reportaxe fotográfica deste evento.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)