lunes, 24 de abril de 2023

BARCOS DRAGÓN- XOGADE

O mércores 19 de Abril o alumnado de 6º de Primaria salía de novo do centro para levar a cabo unha actividade do XOGADE. Nesta ocasión trasladámonos ata Verducido para probar os barcos dragón nos que, sen dúbida, o traballo en equipo e a coordinación entre todos os tripulantes son un factor esencial. A proba dos mesmos resoltou todo un éxito e o noso alumnado voltou encantado da experiencia que se viu reforzada por unha boa climatología con sol e calor. Premendo na foto de máis abaixo podedes ver unha reportaxe fotográfica tanto dos adestramentos no colexio como da actividade que levamos a cabo en Verducido.   



ATLETISMO EN PISTA e VOLEI- XOGADE

O pasado luns 17 de Abril case que todo o alumnado de 5º e 6º se desplazou ata o Recinto ferial do IFEVI, en Vigo, para participar en dúas actividades do XOGADE xunto a outros centros da bisbarra. No caso de 5º de Primaria, a actividade que desenrolou este nivel foi a de ATLETISMO EN PISTA. Foron varias as probas nas que puideron competir tales como velocidade (60 ml), medio fondo (500 ml), lanzamento de peso e wortex, salto de lonxitude  así como nunha proba de relevos; pola súa banda o alumnado de 6º de Primaria puxo tamén en práctica o traballado nas sesións de Ed. Física competindo nesta ocasión en VOLEIBOL. Cun sistema de rotación cada equipo foise enfrentando ao resto de formacións primando en todo o momento a participación de todo o alumnado. 

Sen dúbida que con este tipo de actividades foméntanse os valores educativos do deporte, algo que nunca debemos de perder de vista cando traballamos con nenos e nenas. 

Premendo na foto correspondente podeder ollar fotos das duas actividades desenroladas nesta xornada do XOGADE.