Tras múltiples aprazamentos por mor do mal tempo, por fin poidemos disfrutar dunha xornada de campo a través na súa fase local-comarcal. Ata o merendeiro da praia de Montalvo (Sanxenxo) desprazáronse preto de 90 alumnos/as do centro entre 2º e 6º de Primaria para medir as súas forzas contra nenos e nenas da contorna. A xornada resultou moi gratificante e os nosos atletas disfrutaron plenamente da actividade. Agora no mes de fenbreiro os grupos de 3º e 6º, que resultaron vencedores por equipos, disputarán no circuito da Azucareira (Portas) o 1 de Febreiro o campionato provincial de campo a través para centros educativos. Mentres chega o momento vos deixamos unha galería de fotos do evento desenvolvido en Montalvo. Para vela só tedes que premer na foto.
miércoles, 18 de enero de 2023
Fase local de CAMPO A TRAVÉS-XOGADE 22-23
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario