O alumnado de terceiro de primaria do noso cole puido disfrutar os pasados 9 e 10 de Xuño dunha experiencia piloto dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia. A mesma consistiu nun bautismo no deporte da vela. O xoves un dos monitores desprazouse ata o noso centro para explicar o funcionamento dun barco dos que se emprega en vela, puidendo observar un no propio aparcadoiro do noso recinto. O prato forte da actividade chegaría o venres cando nos desprazamos ata a localidade veciña de Sanxenxo para experimentar e disfrutar nas augas da Ría de Pontevedra da navegación nuns barcos de vela de ata oito persoas. A actividade resultou moi interesante e divertida para todos, tanto para o alumnado como para os mestres. Ollade premendo na seguinte foto a reportaxe fotográfica desta actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario