Co arranque do mes de maio comezou a campaña de mobilidade que tanto éxito tivo o ano pasado. Hoxe foi case que a metade do alumnado o que accedeu ao colexio camiñando, en patinete ou en bicicleta. O bo tempo, propio desta época do ano, animounos a facer un pouco de exercicio de camiño á escola. Nos carnets persoais xa figura a primeira centola da campaña. A medida que vaian pasando as xornadas seguro que se anotan moitos máis. Moito ánimo a tod@s e a seguir así!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario