martes, 21 de junio de 2022

REMATE DA CAMPAÑA DE MOBILIDADE SOSTIBLE

 Co remate do curso chegou tamén o fin da campaña de mobilidade sostible deste curso. A mesma, ao igual que a do curso pasado, resoltou todo un éxito de participación xa que máis da metade do alumnado do cole cumpriu o reto que lle propuxemos. Hoxe tocou repartir un diploma acreditativo e un agasallo consistente nuha mochila coa mascota da campaña a todos os participantes. Parabéns para todos e grazas ás familias pola súa colaboración. Feliz verán!.



 

lunes, 13 de junio de 2022

XOGADE- VELA

O alumnado de terceiro de primaria do noso cole puido disfrutar os pasados 9 e 10 de Xuño dunha experiencia piloto dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia. A mesma consistiu nun bautismo no deporte da vela. O xoves un dos monitores desprazouse ata o noso centro para explicar  o funcionamento dun barco dos que se emprega en vela, puidendo observar un no propio aparcadoiro do noso recinto. O prato forte da actividade chegaría o venres cando nos desprazamos ata a localidade veciña de Sanxenxo para experimentar e disfrutar nas augas da Ría de Pontevedra da navegación nuns barcos de vela de ata oito persoas. A actividade resultou moi interesante e divertida para todos, tanto para o alumnado como para os mestres. Ollade premendo na seguinte foto a reportaxe fotográfica desta actividade.




CARREIRA ESCOLAR DO SALNÉS

Máis de 70 rapaces e rapazas, de terceiro a sexto de primaria, se desplazaron ao colexio Abrente de Portonovo o pasado venres 13 de maio para participar, como ven sendo tradicional, nunha carreira que reune a diversos centros da comarca do Salnés. Nunha excelente xornada climatolóxica, os nosos atletas disfrutaron da actividade á que, sen dúbida, voltaremos o ano que ven. Aquí vos deixamos unhas fotos deste evento, podedes velas premendo na de máis abaixo.


                                               


lunes, 9 de mayo de 2022

XOGADE- BARCOS DRAGÓN

O alumnado de 6º de Primaria disfrutou dunha xornada de piragüismo no río Lérez en Pontevedra grazas ao programa Xogade da Xunta de Galicia. Tras adquirir unhas nocións básicas nas sesións de Ed. Física no colexio, chegou o momento de botarse a navegar nesta actividade dos barcos dragón na que a coordinación e o traballo en equipo son fundamentais. Premendo na foto que figura a continuación podedes ver unha reportaxe fotográfica desta divertida actividade.




lunes, 2 de mayo de 2022

INICIO DA CAMPAÑA DE MOBILIDADE SOSTIBLE

 Co arranque do mes de maio comezou a campaña de mobilidade que tanto éxito tivo o ano pasado. Hoxe foi case que a metade do alumnado o que accedeu ao colexio camiñando, en patinete ou en bicicleta. O bo tempo, propio desta época do ano, animounos a facer un pouco de exercicio de camiño á escola. Nos carnets persoais xa figura a primeira centola da campaña. A medida que vaian pasando as xornadas  seguro que se anotan moitos máis. Moito ánimo a tod@s e a seguir así!.



viernes, 22 de abril de 2022

CAMPAÑA DE MOBILIDADE SOSTIBLE 2022

 Despois do éxito acadado no curso pasado  volve este ano a campaña de mobilidade sostible para acceder ao centro andando, en bici, patinete,... . En próximas datas iremos dando detalles da mesma aínda que vai ser moi parecida á do ano pasado. De momento vos amosamos o cartel deste ano  no que a nosa centola patinadora volve a ser a protagonista.



lunes, 21 de febrero de 2022

XOGADE-Atletismo en pista-5º de Primaria

 O  alumnado de 5º de Primaria trasladouse en datas recentes ás pista de atletismo sitas no Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra. Alí disfrutaron dunha xornada de competición de atletismo con outros centros da contorna. A idea era a de poñer en práctica o aprendido na clase de Ed. Física e tomar contacto cunhas instalacións de atletismo. Co alumnado repartido nas diversas probas atléticas que se desenrolaron (60ml, 500ml, relevos 4x60ml, lanzamento de peso, lanzamento de vortex e salto de lonxitude), os nenos e nenas de 5º disfrutaron enormemente desta xornada que esperamos repetir. 

Se queredes ver máis fotos premede na seguinte imaxe.