O pasado sábado 9 de Febreiro disputouse na localidade de Chenlo, en Porriño, a fase provincial de campo a través do Xogade. Nesta proba o colexio estivo representado como tal polo equipo alevín masculino integrado por Marcos Aguiño, Yago Domínguez, Xurxo Conde e Jose Antonio Barral, vencedores na fase comarcal de Portas, e a título individual por Sandra Lamelas na categoría alevín feminina. Nunha xornada infernal pola climatoloxía e nun circuito moi duro, de puro cross, o noso equipo alevín obtivo a octava plaza final, mentres que Sandra remataba na posición 31.
Ao marxe dos mencionados, outros nenos e nenas do colexio participaron nesta proba baixo os colores do Club deportivo Ría de Arousa que adestran os profesores de Educación Física do centro Noemí e Ramón, clasificándose algúns deles para o campeonato galego.
Nas fotos, o equipo alevín masculino do colexio e Sandra Lamelas (á esquerda da imaxe) xunto a Sofía Penas, tamén alumna do centro, integrante do club deportivo Ría de Arousa de O Grove.
No hay comentarios:
Publicar un comentario