viernes, 2 de febrero de 2018

CAMPO A TRAVÉS-CAMPEONATO PROVINCIAL COLEXIOS 2017-18

O pasado martes 23 de Xaneiro celebrouse en Portas o campeonato provincial de campo a través para centros educativos. A este campeonato acudían os colexios que nas fases previas comarcais remataran nas dúas primeiras posicións por equipos ou entre os 8 primeiros clasificados a nivel individual. Así, nesta cita o noso colexio estaba representado polos equipos alevín e infantil femininos e a nivel individual por Miguel Conde Piñeiro de 6º A. Todos os atletas do noso cole rendiron a moi alto nivel, destacando o terceiro posto acadado por Miguel Conde nunha gran carreira.
A continuación podedes ver unha breve reportaxe fotográfica premendo na foto na que se pode ver en acción aos nosos atletas. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario