O pasado 17 de Novembro acudimos co alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria á praia de Baltar, en Portonovo, para competir na primeira das fases do campeonato de campo a través que organiza a Xunta de Galicia. Foron máis dun millar os nenos e nenas da comarca do Salnés que puideron disfrutar desta gran festa do atletismo nun marco incomparable. En canto á carreira en sí todos os atletas do noso cole, máis de 30, amosaron a súa calidade e a súa entrega. Como resultados máis destacables cabe mencionar aos equipos alevín e infantil femininos que conseguiron a clasificación para a seguinte fase, o campeonato provincial. A nivel individual Miguel Conde Piñeiro, de sexto B, acadou a victoria na categoría infantil masculina , polo que este atleta tamén representará ao centro no campeonato provincial a celebrar en Xaneiro. Noraboa a todos os atletas!.
(Pincha na foto para ver a galería completa)
No hay comentarios:
Publicar un comentario