O pasado 11 de Xuño disputouse en Vigo o campeonato galego de pista nas categorías de menores. A este campeonato accedían os atletas galegos coas 16 mellores marcas acadadas no ano en pista en cada unha das disciplinas e categorías. A el accederon por méritos propios 6 atletas do colexio tras unha excelente tempada de competición. Como este campeonato está aberto só a aqueles que teñen ficha federativa por un club, e despois de participar todo o ano coa licencia escolar, os nosos atletas representaron nesta ocasión ao club local de atletismo, o Club Deportivo Ría de Arousa. Partindo de que estar neste campeonato reservado aos millores xa é un premio, os nosos atletas foron máis alá e brillaron co máis granado do atletismo galego. Así ,as irmáns María e Carla Domínguez, que competían nos 3000 m. acadaron a cuarta e a quinta posición final nunha excelente carreira na que melloraron considerablemente as súas marcas persoais a pesar dos 29 grados de temperatura que pesaban no ambiente das pistas de Balaídos. Carmen Aguiño, representando nesta ocasión ao Club Corbelo, acadaba tamén a cuarta posición nos 1000 m con caída incluída no sprint final; pola súa bando Francisco Silva Hamidi, participante no 3000, tiña que abandonar despóis de acarrear problemas de saúde nos días previos; finalmente, as dúas representantes dos 2000 marcha, Raquel González e Valeria Chaves tiveron tamén un destacado papel acadando a séptima e a undécima praza final respectivamente. Toca agora descansar para voltar en setembro coas enerxías renovadas e seguir crecendo neste apaixoante deporte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario