No mes de maio 50 nenos e nenas de 3º,4º e 5º de Primaria acudiron a participar á carreira que ano tras ano organiza o colexio Abrente na localidade veciña de Portonovo (Sanxenxo). A xornada transcurriu nun ambiente festivo e deportivo do que os nosos nenos disfrutaron a tope. En canto a resultados, Miguel Conde conseguía a victoria na categoría alevín masculina en tanto que Candela Fontoira se facía coa medalla de bronce na mesma categoría no apartado feminino, sendo varios os atletas do colexio que acadaron tamén postos altos nas súas respectivas carreiras. De todos os xeitos os resultados son o de menos e o realmente importante é que a participación neste evento, completamente voluntaria ao igual que todas as actividades nas que participa o centro, foi, como sempre, moi alta.
(Pinchade na imaxe para ver a reportaxe completa)
No hay comentarios:
Publicar un comentario