martes, 8 de noviembre de 2016

ADESTRAMENTOS DE ATLETISMO

Desde a segunda semana de curso, máis de 40 rapazas e rapaces de 4º, 5º e 6º de Primaria están acudindo voluntariamente durante dous recreos a adestrar cos mestres de Ed. Física. O traballo neste principio de tempada está sendo variado: técnica de carreira, un pouco de fondo, circuitos de acondicionamento físico, xogos de resistencia,.. , todo elo de forma lúdica e divertida, como ten que ser,  para chegar á primeira proba de campo a través, a fase comarcal, en boas condicións. Alí nos vemos!.

(Pinchade na imaxe para ver diferentes momentos dos entrenos)

No hay comentarios:

Publicar un comentario