martes, 19 de noviembre de 2019

FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS PARA CENTROS ESCOLARES 2019

       Máis de 70 rapaces e rapazas de 2º a 6º de Primaria disfrutaron o Mércores 13 de Novembro dunha xornada de campo a través co resto de colexios da zona do Salnés no circuito da Azucareira, en Portas. Aquí tedes a reportaxe fotográfica desta competición na que o noso cole acadou uns resultados magníficos, conseguindo a victoria por equipos, ademais  de triunfos individuais, na metade de carreiras disputadas, co cal o noso centro estará ampliamente representado no campeonato provincial que se disputará a comezos de 2020. Ao marxe dos resultados, os nosos atletas , e é do que se trata, disfrutaron desta proba, véndose en moitos deles a cara de satisfacción ao cruzar a liña de meta tal como amosan as imaxes.


   (Premede na imaxe para ver a reportaxe fotográfica completa)

miércoles, 26 de junio de 2019

LIGA DE BRILÉ

No terceiro trimestre o alumnado de 3º e 4º de Primaria disputou no tempo de lecer e durante varias xornadas unha liga de brilé. A idea era que participase a totalidade do alumnado nunha actividade que todos dominan.   

 (Preme na imaxe para acceder á galería)

martes, 25 de junio de 2019

COÑECE O TEU CLUB: CLUB PIRAGÜISMO BREOGAN

Recentemente monitores do club local de piragüismo "Breogán" se desplazaron ata o noso centro para amosar a súa actividade ao alumnado de 3º e 4º de Primaria e invitalos a que proben cunha modalidade de ampla tradición na vila. Os rapaces amosaron curiosidade  pola mesma e mesmo probaron "en terra" as palas que se empregan. Aquí podedes ver unha reportaxe fotográfica desta actividade. 


jueves, 20 de junio de 2019

SAÍDA-ANDAINA Á SIRADELLA- 5º de Primaria

O mércores 12 de Xuño, o alumnado de 5º de Primaria disfrutou dunha saída pola Siradella, monte principal da vila. Tras unha andaina desde o colexio  de case que 4 km. alcanzaron o cume desde donde puideron observar as fermosas vistas que nos ofrece este lugar. Viñeron despois os xogos na área recreativa e a continuación o xantar, todo elo antes de regresar, esta vez por outra ruta, ao colexio pasado o mediodía. Sen dúbida que foi unha xornada diferente e saudable!.

(Preme na imaxe para ver máis fotos)

viernes, 31 de mayo de 2019

CARREIRA ESCOLAR DO SALNÉS-COLEXIO ABRENTE-MAIO 2019

Como xa ven sendo habitual nos derradeiros anos, o centro acudiu a participar á carreira que organiza o colexio Abrente da localidade veciña de Portonovo. Máis de 60 dos nosos alumnos, de 2º a 6º de Primaria, disfrutaron na mañá do venres 24 de Maio desta carreira na que participaron preto de 700 rapaces e rapazas de diferentes concellos pontevedreses. Ao marxe dos resultados conseguidos, que foron moi satisfactorios, o noso alumnado disfrutou dunha magnífica mañá de actividade física.

          (Preme na imaxe para ver a galería de fotos da carreira)

LIGA DE BALONCESTO- 5º de PRIMARIA

Durante o mes de marzo e abril, a totalidade do alumnado de 5º de Primaria complementou o traballado en Educación Física poñendo en práctica o visto nas sesións adicadas ao baloncesto. Ao longo de sete xornadas disputaron unha liga con oito equipos, catro de cada grupo, enfrentándose todos contra todos durante o tempo de lecer un día á semana. Ainda que o deseño da competición correspondeu ao profesor de Ed. Física, o desenrolo da mesma correspondeu ao alumnado, sendo eles quen de organizarse e mesmo de facer de árbitros durante o transcurso dos partidos. 

  

lunes, 18 de febrero de 2019

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

O pasado sábado 9 de Febreiro disputouse na localidade de Chenlo, en Porriño, a fase provincial de campo a través do Xogade. Nesta proba o colexio estivo representado como tal polo equipo alevín masculino integrado por Marcos Aguiño, Yago Domínguez, Xurxo Conde e Jose Antonio Barral, vencedores na fase comarcal de Portas, e a título individual por Sandra Lamelas na categoría alevín feminina. Nunha xornada infernal pola climatoloxía e nun circuito moi  duro, de puro cross, o noso equipo alevín obtivo a octava plaza final, mentres que Sandra remataba na posición 31. 
Ao marxe dos mencionados, outros nenos e nenas do colexio participaron nesta proba baixo os colores do Club deportivo Ría de Arousa que adestran os profesores de Educación Física do centro Noemí e Ramón, clasificándose algúns deles para o campeonato galego.

Nas fotos, o equipo alevín masculino do colexio e Sandra Lamelas (á esquerda da imaxe) xunto a Sofía Penas, tamén alumna do centro, integrante do club deportivo Ría de Arousa de O Grove.



miércoles, 9 de enero de 2019

CARREIRA SOLIDARIA

No pasado mes de novembro celebramos como ven sendo habitual a carreira solidaria mediante a cal colaboramos con "Save the children". Grazas á solidariedade das familias conseguimos recaudar 640 euros que foron destinados a axudar a que nenos e nenas en situación de pobreza  teñan acceso a unha educación e á oportunidade de ter un futuro mellor. Grazas a todos pola vosa participación e colaboración neste evento.