lunes, 19 de febrero de 2018

INICIACIÓN Á LOITA


PROBA! PODE SER DIVERTIDO

O mércores, día 31 de xaneiro, os alumnos de 4º do colexio Valle Inclán  de o Grove  foron a Portonovo.


Os alumnos de 4º curso de Primaria do CEIP Valle Inclán reuníronse no pavillón de Baltar con nenos de outros colexios para facer uns xogos de iniciación á loita.

 Foron convocados pola Xunta para fomentar a práctica da loita libre, xa que pouca xente a practica e case non se fala dese deporte, aínda sendo olímpico coma moitos máis, que son máis coñecidos e usados.
Xogaron divididos en dous equipos, formados por catro grupos de catro membros cada un. Enfrentáronse un grupo de cada equipo.

Participaron en seis xogos, que realizaron  enriba dun tatami. Todos os rapaces ían rotando para xogar con todos os membros do outro equipo.

Esperamos que dera froitos e que os nenos o pasaran moi ben.


                                                                       Laura Álvarez  4ºA








viernes, 2 de febrero de 2018

CAMPO A TRAVÉS-CAMPEONATO PROVINCIAL COLEXIOS 2017-18

O pasado martes 23 de Xaneiro celebrouse en Portas o campeonato provincial de campo a través para centros educativos. A este campeonato acudían os colexios que nas fases previas comarcais remataran nas dúas primeiras posicións por equipos ou entre os 8 primeiros clasificados a nivel individual. Así, nesta cita o noso colexio estaba representado polos equipos alevín e infantil femininos e a nivel individual por Miguel Conde Piñeiro de 6º A. Todos os atletas do noso cole rendiron a moi alto nivel, destacando o terceiro posto acadado por Miguel Conde nunha gran carreira.
A continuación podedes ver unha breve reportaxe fotográfica premendo na foto na que se pode ver en acción aos nosos atletas.