Corenta nenos e nenas se desplazaron na mañá do 13 de Decembro ao circuito de Portas para medir as súas forzas con outros nenos e nenas do Salnés. A xornada aínda que pasada por auga resoltou moi fructífera para moitos dos nosos atletas que lograron a clasificación para o campeonato provincial que se disputará a finais de xaneiro tamén no circuito de Portas. Mentras agardamos esta segunda cita aquí tedes a galería de fotos.
jueves, 20 de diciembre de 2018
martes, 26 de junio de 2018
COÑECE O TEU CLUB- BREOGAN PIRAGÜISMO
CARREIRA ESCOLAR DO SALNÉS 2018
Un ano máis o colexio acudiu á carreira escolar que organiza o colexio Abrente de Portonovo. Nesta ocasión foi o alumnado de 4º e 5º de Primaria o que participou na mesma, destacando os podiums acadados por Breixo Castro e Mar Cores (medallas de bronce) e David Benavides (medalla de plata). Ao marxe dos resultados os nosos atletas disfrutaron dunha gran xornada de convivencia e de deporte.
Premede na imaxe
ATLETISMO EN PISTA
Como en anos anteriores o colexio participou na competición en pista organizada pola Xunta, o XOGADE, tanto nas categorías alevín como infantil, nesta última categoría en asociación co club deportivo Ría de Arousa de O Grove que tamén dirixen os dous mestes de Ed. Física do cole. Ao longo de varias xornadas previas os nosos atletas amosaron un gran nivel que mesmo lle permitiu a moitos deles participar no campeonato provincial e incluso no autonómico cos mellores de Galicia. Aquí tedes unha mostra fotográfica da nosa participación na pista. Podedes vela clicando nas imaxes.
Alevín en pista
Infantil en pista
martes, 12 de junio de 2018
SESIÓNS DE AEROBIC, coa profe NOEMI
Aquí tedes unha mostra do ben co pasamos todos xuntos nas sesións de aerobic da profe Noemí
martes, 5 de junio de 2018
LIGA DE BALONCESTO- 5º de Primaria
A totalidade do alumnado de 5º de Primaria tivo oportunidade de poñer en práctica o aprendido nas clases de Ed. Física sobre o baloncesto. Para elo organizamos unha liga, a desenrolar no tempo de lecer, na que oito equipos, catro de cada un dos grupos, se mediron enfrentándose todos contra todos ao longo de 7 xornadas. A competición trascurriu baixo os cauces agardados en canto a participación, ninguén quedou sen xogar, e deportividade, xa que eles mesmos foron os encargados de organizarse durante os partidos.
(Premer na imaxe)
CAMPEONATO DE BRILÉ- 3º e 4º de Primaria
No terceiro tirmestre do curso o alumnado de 3º e 4º de Primaria está a disputar un interesante campeonato de brilé nos tempos de lecer baixo o lema de "xogamos todos". Aquí tedes unha pequena reportaxe desta interesante competición.
(Preme na imaxe)
jueves, 3 de mayo de 2018
Coñece o teu club- Club de Remo AMEGROVE 17-18
Recentemente un dos dous clubs de remo da localidade, o Amegrove, deu a coñecer ao alumnado de 5º e 6º de Primaria as actividades da súa escola de remo. Ademáis de coñecer os distintos tipos de embarcacións, o alumnado puido facer unha práctica nos ergómetros montados no ximnasio e así botar un pequeno "pique" para ver quen cubría unha determinada distancia no menor tempo posible. A actividade resultou do máis entretida.
(Preme na imaxe para ver máis fotos)
lunes, 5 de marzo de 2018
ADESTRAMENTOS DE MARCHA ATLÉTICA
Rematada a tempada de campo a través comeza en breve a de pista ao aire libre, na que o colexio voltará a estar presente na competición organizada pola Xunta de Galicia, o XOGADE. Os marchadores, ao igual que os seus compañeiros, xa comezaron os adestramentos da man da profe Noemí. Aquí tedes algunha foto do seu traballo.
lunes, 19 de febrero de 2018
INICIACIÓN Á LOITA
PROBA! PODE SER
DIVERTIDO
O mércores, día 31
de xaneiro, os alumnos de 4º do colexio Valle Inclán de o Grove foron a Portonovo.
Os alumnos de 4º
curso de Primaria do CEIP Valle Inclán reuníronse no pavillón de Baltar con
nenos de outros colexios para facer uns xogos de iniciación á loita.
Foron convocados pola Xunta para fomentar a
práctica da loita libre, xa que pouca xente a practica e case non se fala
dese deporte, aínda sendo olímpico coma moitos máis, que son máis coñecidos e
usados.
Xogaron divididos
en dous equipos, formados por catro grupos de catro membros cada un.
Enfrentáronse un grupo de cada equipo.
Participaron en
seis xogos, que realizaron enriba dun
tatami. Todos os rapaces ían rotando para xogar con todos os membros do outro
equipo.
Esperamos que
dera froitos e que os nenos o pasaran moi ben.
Laura Álvarez 4ºA
PROBA! PODE SER
DIVERTIDO
O mércores, día 31
de xaneiro, os alumnos de 4º do colexio Valle Inclán de o Grove foron a Portonovo.
Os alumnos de 4º
curso de Primaria do CEIP Valle Inclán reuníronse no pavillón de Baltar con
nenos de outros colexios para facer uns xogos de iniciación á loita.
Foron convocados pola Xunta para fomentar a
práctica da loita libre, xa que pouca xente a practica e case non se fala
dese deporte, aínda sendo olímpico coma moitos máis, que son máis coñecidos e
usados.
Xogaron divididos
en dous equipos, formados por catro grupos de catro membros cada un.
Enfrentáronse un grupo de cada equipo.
Participaron en
seis xogos, que realizaron enriba dun
tatami. Todos os rapaces ían rotando para xogar con todos os membros do outro
equipo.
Esperamos que
dera froitos e que os nenos o pasaran moi ben.
Laura Álvarez 4ºA
|
viernes, 2 de febrero de 2018
CAMPO A TRAVÉS-CAMPEONATO PROVINCIAL COLEXIOS 2017-18
O pasado martes 23 de Xaneiro celebrouse en Portas o campeonato provincial de campo a través para centros educativos. A este campeonato acudían os colexios que nas fases previas comarcais remataran nas dúas primeiras posicións por equipos ou entre os 8 primeiros clasificados a nivel individual. Así, nesta cita o noso colexio estaba representado polos equipos alevín e infantil femininos e a nivel individual por Miguel Conde Piñeiro de 6º A. Todos os atletas do noso cole rendiron a moi alto nivel, destacando o terceiro posto acadado por Miguel Conde nunha gran carreira.
A continuación podedes ver unha breve reportaxe fotográfica premendo na foto na que se pode ver en acción aos nosos atletas.
jueves, 11 de enero de 2018
CARREIRA SOLIDARIA
O alumnado de 6° de Primaria elaborou este vídeo co máis destacado da carreira solidaria que celebramos no CEIP Valle Inclán en favor da ONG Save the Children. Esperamos que vos guste e que a nosa pequena axuda serva para que o mundo sexa un pouco mellor. Gracias a todos pola vosa participación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)