O luns 19 de Xuño o alumnado de 5º e 6º de Primaria asistiu na biblioteca do centro a unha charla sobre carreiras de orientación. Un membro do club Aromon de Pontevedra desplazouse ata o colexio para dar a coñecer este deporte e animalos a iniciarse nel co gallo dunha carreira que se vai celebrar este próximo domingo día 25 de Xuño na vila. O alumnado amosouse moi interesado por esta actividade e é previsible que sexan moitos os que participen na mesma en pequenos grupos ou ben acompañados por familiares.
martes, 20 de junio de 2017
jueves, 15 de junio de 2017
BROCHE FINAL A UNHA EXCELENTE TEMPADA
O pasado 11 de Xuño disputouse en Vigo o campeonato galego de pista nas categorías de menores. A este campeonato accedían os atletas galegos coas 16 mellores marcas acadadas no ano en pista en cada unha das disciplinas e categorías. A el accederon por méritos propios 6 atletas do colexio tras unha excelente tempada de competición. Como este campeonato está aberto só a aqueles que teñen ficha federativa por un club, e despois de participar todo o ano coa licencia escolar, os nosos atletas representaron nesta ocasión ao club local de atletismo, o Club Deportivo Ría de Arousa. Partindo de que estar neste campeonato reservado aos millores xa é un premio, os nosos atletas foron máis alá e brillaron co máis granado do atletismo galego. Así ,as irmáns María e Carla Domínguez, que competían nos 3000 m. acadaron a cuarta e a quinta posición final nunha excelente carreira na que melloraron considerablemente as súas marcas persoais a pesar dos 29 grados de temperatura que pesaban no ambiente das pistas de Balaídos. Carmen Aguiño, representando nesta ocasión ao Club Corbelo, acadaba tamén a cuarta posición nos 1000 m con caída incluída no sprint final; pola súa bando Francisco Silva Hamidi, participante no 3000, tiña que abandonar despóis de acarrear problemas de saúde nos días previos; finalmente, as dúas representantes dos 2000 marcha, Raquel González e Valeria Chaves tiveron tamén un destacado papel acadando a séptima e a undécima praza final respectivamente. Toca agora descansar para voltar en setembro coas enerxías renovadas e seguir crecendo neste apaixoante deporte.
miércoles, 14 de junio de 2017
SESIÓNS DE AEROBIC
Durante os meses de marzo, abril e maio, ocupamos algún tempo de lecer a facer aerobic coa profe Noemí. Aquí tedes un resumo en vídeo desta experiencia superdivertida.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)