martes, 8 de noviembre de 2016

ADESTRAMENTOS DE ATLETISMO

Desde a segunda semana de curso, máis de 40 rapazas e rapaces de 4º, 5º e 6º de Primaria están acudindo voluntariamente durante dous recreos a adestrar cos mestres de Ed. Física. O traballo neste principio de tempada está sendo variado: técnica de carreira, un pouco de fondo, circuitos de acondicionamento físico, xogos de resistencia,.. , todo elo de forma lúdica e divertida, como ten que ser,  para chegar á primeira proba de campo a través, a fase comarcal, en boas condicións. Alí nos vemos!.

(Pinchade na imaxe para ver diferentes momentos dos entrenos)

domingo, 6 de noviembre de 2016

Coñece o teu club- RASOEIRO BALONMÁN

No comezo deste curso , o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu a membros do equipo de balonmán da localidade, O Rasoeiro, para dar a coñecer este interesante deporte. Durante dous meses, dous días á semana no tempo de lecer, a totalidade do alumnado destes dous cursos disputou unha liga de balonmán con regras adaptadas e da que disfrutaron moito sen dúbida. Desde aquí agradecer a este club a súa adicación. Pinchade na imaxe para ver as fotos.