jueves, 15 de diciembre de 2016

CAMPO A TRAVÉS- FASE COMARCAL 2016

O pasado 1 de Decembro acudimos a Portas a disputar a fase comarcal de campo a través con 40 atletas de 4º, 5º e 6º de Primaria, repartidos en catro categorías: alevín feminino, alevín masculino, infantil feminino e infantil masculino. A participación dos nosos atletas foi todo  un éxito e grazas aos resultados obtidos, con postos de privilexo en todas as categorías, moitos deles  disputarán no principio de ano a fase provincial na que se verán as caras co millor da provincia de Pontevedra. Ata de aquela, a seguir adestrando e disfrutando deste maravilloso deporte!. 

(Pinchade na imaxe para ver a reportaxe fotográfica)

martes, 8 de noviembre de 2016

ADESTRAMENTOS DE ATLETISMO

Desde a segunda semana de curso, máis de 40 rapazas e rapaces de 4º, 5º e 6º de Primaria están acudindo voluntariamente durante dous recreos a adestrar cos mestres de Ed. Física. O traballo neste principio de tempada está sendo variado: técnica de carreira, un pouco de fondo, circuitos de acondicionamento físico, xogos de resistencia,.. , todo elo de forma lúdica e divertida, como ten que ser,  para chegar á primeira proba de campo a través, a fase comarcal, en boas condicións. Alí nos vemos!.

(Pinchade na imaxe para ver diferentes momentos dos entrenos)

domingo, 6 de noviembre de 2016

Coñece o teu club- RASOEIRO BALONMÁN

No comezo deste curso , o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu a membros do equipo de balonmán da localidade, O Rasoeiro, para dar a coñecer este interesante deporte. Durante dous meses, dous días á semana no tempo de lecer, a totalidade do alumnado destes dous cursos disputou unha liga de balonmán con regras adaptadas e da que disfrutaron moito sen dúbida. Desde aquí agradecer a este club a súa adicación. Pinchade na imaxe para ver as fotos.


jueves, 20 de octubre de 2016

Coñece o teu club - C. B. O MECO

Neste mes de Outubro tamén nos visitou o outro club de baloncesto da vila, o C.B. O Meco. Nunhas sesións dirixidas polo seu director deportivo, o alumnado de 3º e 5º de Primaria puido experimentar o que  é unha sesión-tipo de adestramento deste club. Finalmente os membros do mesmo invitaron a todos os nenos e nenas a probar neste apaisoante deporte un día pola tarde no pavillón donde adestran normalmente. Aquí tendes a reportaxe fotográfica, pinchando na foto, das sesións de adestramento.


miércoles, 12 de octubre de 2016

Coñece o teu club - CLUB BALONCESTO O GROVE

No mes de Outubro. o alumnado de 2º e 4º de Primaria tivo a oportunidade de coñecer un dos clubs da localidade, en concreto o club de baloncesto O GROVE. Dous dos técnicos desta formación dirixiron unha sesión de adestramento en cada nivel na clase de Educación Física. Desta experiencia podedes ver a reportaxe fotográfica pinchando na foto.


martes, 11 de octubre de 2016

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO

Preparados, listos,...XA!. Un ano máis arrancamos cun montón de propostas de actividades deportivas para os rapaces e rapazas do noso cole. Deixádevos levar e movédevos!