martes, 17 de junio de 2025

CAMPAÑA DE MOBILIDADE SOSTIBLE

 Como en anos anteriores, no terceiro trimestre levamos a cabo unha campaña de mobilidade sostible non contaminante. A idea era que as familias non empregaran o vehículo particular para acudir ao centro, incentivando deste xeito o exercicio físico ou o emprego de medios de transporte colectivos. A campaña resoltou un éxito e máis do 80% do alumnado conseguiu o reto. Ao remate da mesma deuse un diploma e un pequeno agasallo, consistente nunha taza co logo e o lema da campaña, a todos aqueles que a remataron con éxito. Agora tan só queda esperar que o exemplo cunda e máis familias empreguen medios de transporte non contaminantes. 



martes, 10 de junio de 2025

SESIÓN DE TENIS CO CÍRCULO CULTURAL DEPORTIVO DE SANXENXO

  O alumnado de toda Primaria puido disfrutar no terceiro trimestre do curso dunha sesión de tenis na clase de Educación Física. A iniciativa partiu do club de tenis de Sanxenxo quen se puxo en contacto co centro para ofrecer unha sesión en todos os cursos de Primaria. A experiencia resultou moi gratificante e motivadora para o noso alumnado. Premendo na foto podedes ver unha reportaxe fotográfica das sesións nos diferentes cursos.