Como en anos anteriores, no terceiro trimestre levamos a cabo unha campaña de mobilidade sostible non contaminante. A idea era que as familias non empregaran o vehículo particular para acudir ao centro, incentivando deste xeito o exercicio físico ou o emprego de medios de transporte colectivos. A campaña resoltou un éxito e máis do 80% do alumnado conseguiu o reto. Ao remate da mesma deuse un diploma e un pequeno agasallo, consistente nunha taza co logo e o lema da campaña, a todos aqueles que a remataron con éxito. Agora tan só queda esperar que o exemplo cunda e máis familias empreguen medios de transporte non contaminantes.
martes, 17 de junio de 2025
martes, 10 de junio de 2025
SESIÓN DE TENIS CO CÍRCULO CULTURAL DEPORTIVO DE SANXENXO
O alumnado de toda Primaria puido disfrutar no terceiro trimestre do curso dunha sesión de tenis na clase de Educación Física. A iniciativa partiu do club de tenis de Sanxenxo quen se puxo en contacto co centro para ofrecer unha sesión en todos os cursos de Primaria. A experiencia resultou moi gratificante e motivadora para o noso alumnado. Premendo na foto podedes ver unha reportaxe fotográfica das sesións nos diferentes cursos.
martes, 1 de abril de 2025
XOGADE: VELA 3º de Primaria
O pasado xoves 27 de marzo o alumnado de 3º desprazouse ata a localidade veciña de Sanxenxo para disfrutar dunha experiencia nova para todos eles, o bautismo na vela. Nos días previos membros do Real Club Naútico de Sanxenxo impartiron no colexio unhas nocións básicas sobre os barcos de vela e o seu funcionamento. O día da actividade, en grupos de 7-8 e acompañados por un monitor e un profesor, puideron por en práctica o aprendido e disfrutaron da navegación pola ría de Pontevedra. O sol e o vento fixeron que a experiencia fose moi gratificante. Premede na foto de máis abaixo para ver unha ampla reportaxe fotográfica.
![]() |
miércoles, 26 de marzo de 2025
XOGADE: ATLETISMO EN PISTA 4º de Primaria
O alumnado de 4º de Primaria participou o pasado 18 de marzo nunha competición con centros da comarca de atletismo en pista na localidade de Cambados. Deste xeito puideron por en práctica todo o aprendido nas sesións de Ed. Física nos días previos. Todos e cada un deles distribuíronse nas diferentes probas e o deron todo para sumar o maior número de puntos para o equipo. Premendo na foto inferior podedes ollar unha galería fotográfica desta actividade.
martes, 18 de marzo de 2025
XOGADE: BALONMÁN 3º de Primaria
O alumnado de 3º de Primaria asistiu ao pavillón Monte da Vila de O Grove na mañá do xoves 13 de marzo a unha competición de balonmán na que estiveron presentes o resto de colexios do noso Concello. O alumnado puido poñer en práctica o aprendido tanto nas clases de Ed. Física como en dúas sesións previas que estiveron dirixidas por persoal do club de balonmán da nosa localidade, O Rasoeiro. Premendo na seguinte foto podedes ollar unha reportaxe fotográfica tanto das sesións previas como desta competición.
lunes, 10 de febrero de 2025
XOGADE: Campionato provincial de CROS para centros educativos
O pasado xoves 6 de febreiro os grupos de 3º A e de 6º de Primaria, tras quedar primeiros e segundos nos seus respectivos niveis na fase local celebrada en Montalvo no primeiro trimestre, disputaron en Portas o campionato provincial de campo a través para centros escolares. @s nos@s atletas disfrutaron dunha grande xornada deportiva que nos recibiu con sol e boa temperatura, e o deron todo. Finalmente o grupo de 3º A acadou a terceira posición por equipos en tanto que o grupo de sexto era segundo, logrando a título individual a victoria Manuel Calviño de 6º A. Parabéns para todas e todos!. Premendo na foto podedes acceder á reportaxe fotográfica do evento.