Como xa ven sendo tradición nos derradeiros anos, o centro organizou unha carreira solidaria no mes de novembro na que participou todo o alumnado e o profesorado do colexio. Con esta actividade e grazas á aportación voluntaria das familias que fixeron de patrocinadores lograron xuntarse máis de 750 euros que foron doados á ong "Save the children". Clicando na foto podedes ver un pequeno vídeo do que foi esta carreira solidaria.
jueves, 12 de diciembre de 2024
lunes, 9 de diciembre de 2024
REMO con AMEGROVE
Membros deste clube local de remo desprazáronse recentemente ata o centro para dar a coñecer este deporte entre o alumnado de 5º e 6º de Primaria e, de paso, organizar nuha sesión unha pequena competición con ergómetros. De aquí sairía unha pequena selección de nenos e nenas para competir fora do horario lectivo xunto con outros do resto de centros educativos do Concello. A continuación podedes ollarr unha pequena mostra do que deu de sí esta sesión supervisada polos monitores de Amegrove.
XOGADE: FASE LOCAL DE CROS para Centros Educativos
O pasado 13 de Novembro preto de 100 rapaces do colexio, de 2º a 6º de Primaria, desprazáronse ata a praia de Montalvo (Sanxenxo) para disfrutar un ano máis dunha xornada de campo a través dentro do programa do XOGADE. A continuación tedes unha pequena galería de fotos do que deu de sí esta actividade. Parabéns para tod@s!.