jueves, 12 de diciembre de 2024

CARREIRA SOLIDARIA

 Como xa ven sendo tradición nos derradeiros anos, o centro organizou unha carreira solidaria no mes de novembro na que  participou todo o alumnado e o profesorado do colexio. Con esta actividade e grazas á aportación voluntaria das familias que fixeron de patrocinadores lograron xuntarse máis de 750 euros que foron doados á ong "Save the children". Clicando na foto podedes ver un pequeno vídeo do que foi esta carreira solidaria.



lunes, 9 de diciembre de 2024

REMO con AMEGROVE

 Membros deste clube local de remo desprazáronse recentemente ata o centro para dar a coñecer este deporte entre o alumnado de 5º e 6º de Primaria e, de paso, organizar nuha sesión unha pequena competición con ergómetros. De aquí sairía unha pequena selección de nenos e nenas para competir fora do horario lectivo xunto con outros do resto de centros educativos do Concello. A continuación  podedes ollarr unha pequena mostra do que deu de sí esta sesión supervisada polos monitores de Amegrove.


 






XOGADE: FASE LOCAL DE CROS para Centros Educativos

 O pasado 13 de Novembro preto de 100 rapaces do colexio, de 2º a 6º de Primaria, desprazáronse ata a praia de Montalvo (Sanxenxo)  para disfrutar un ano máis  dunha xornada de campo a través dentro do programa do XOGADE. A continuación tedes unha pequena galería de fotos do que deu de sí esta actividade. Parabéns para tod@s!.



miércoles, 8 de mayo de 2024

CAMPAÑA DE MOBILIDADE SOSTIBLE

Desde hoxe mércores 8 de Maio e ata o venres 14 de Xuño empregar medios alternativos ao coche particular para vir ao colexio ten premio. Da igual que sexa andando, en bici, en patinete,... Cada día que o alumnado empregue estos medios poñerémoslle unha pegatina no seu carnet , así ata completar o mesmo con 20 pegatinas correspondentes a 20 xornadas sen empregar o coche particular. Os que o completen terán un pequeno agasallo ao remate da campaña e do curso. De momento, o primeiro día foron 194 alumn@s, dun total de 220 matriculados no centro, os que se acolleron a esta saudable campaña. Animádevos, esto non fixo nada máis que empezar!. 


Hoxe boa parte do noso aparcadoiro está invadido por bicicletas 

Mascota e lema da campaña 2024

martes, 23 de abril de 2024

BARCO DRAGÓN - XOGADE

O pasado luns 22 de Abril o alumnado de 6º de  Primaria desprazouse ata Verducido, preto de Pontevedra,  para participar nunha actividade de piragüismo do Xogade. Alí puideron por en práctica o aprendido nas clases de Ed. Física e disfrutaron da navegación no barco dragón e do traballo en equipo. Pinchando na foto inferior podedes ver unha reportaxe desta actividade superdivertida.



miércoles, 17 de abril de 2024

VOLEI- XOGADE

 O alumnado de 6º de primaria desprazouse o pasado 3 de Abril ata as instalacións do recinto ferial do IFEVI, en Vigo, para participar nuha competición intercentros de voleibol. Os nosos rapaces e rapazas puideron por en práctica o aprendido nas clases de Ed. Física e disfrutaron desta actividade lúdico-competitiva. A continuación podedes ver unha pequena reportaxe fotográfica da mesma.



viernes, 8 de marzo de 2024

ATLETISMO EN PISTA-XOGADE

 O alumnado de 4º de Primaria ao completo desprazouse o pasado martes 5 de Marzo ata as pistas do CGTD de Pontevedra para participar nuha competición de atletismo xunto a outros centros da comarca. Todos e todas puideron poñer en práctica o aprendido nas clases de Ed. Física e puideron experimentar a sensación de competir nunha das millores pistas de atletismo de Galicia. Premendo na foto podedes ver unha pequena galería deste evento.



martes, 5 de marzo de 2024

MARCHA E ALMORZOS SAUDABLES

 O pasado 28 de Febreiro o alumnado de 6º de Primaria desprazouse ata a praia da Lanzada invitado polo Obradoiro de Hostelería para degustar almorzos saudables. E como todo tiña que ser saudable nesta xornada que millor forma de desprazarse ata o lugar que facendo unha boa camiñata. Os 7 kms. totais percorridos entre ida e volta non fixeron mella nos rapaces, tampouco nos profes, xa que están ben acostumados a facer deporte. Aquí tedes unhas fotos da actividade.





viernes, 23 de febrero de 2024

BALONMAN-XOGADE

 O pasado mércores 21 de Febreiro, o alumnado de 4º de Primaria desprazouse ata o pavillón Monte da Vila, aquí en O Grove; para participar nunha xornada de competición de balonmán con outros colexios da comarca. En dúas sesións anteriores que tiveron lugar no centro nos meses previos, persoal do equipo de balonmán da nosa localidade formou un pouco máis aos nosos neste interesante deporte de equipo. Desta maneira nesta xornada puideron poñer en práctica o aprendido nesas dúas sesións e nas clases de Ed. Física. Na foto que figura a continuación podedes var ao alumnado de 4º de Primaria despois de disfrutar desta actividade.



viernes, 16 de febrero de 2024

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS do XOGADE

 O pasado 1 de Febreiro tivo lugar en Portas o campionato provincial de cros para centros educativos. A el acudiron as clases campionas de cada comarca. Como representación do noso centro tivemos ao  grupo de 2º de Primaria como campións na comarca do Salnés. A nivel individual destacar o segundo posto de Beatriz, entrando a súa compañeira Mara moi preto tamén nos postos de privilexio. O resto de compañeiros tamén brillou nesta competición , se ben o máis importante é que todos e todas disfrutaton desta actividade deportiva. Parabéns para tod@s. Premendo na imaxe de máis abaixo podedes ver unha pequena reportaxe fotográfica.