lunes, 31 de mayo de 2021

Actividade "Dragon Boat"

 O pasado venres 14 de Maio, o alumnado de 6º de Primaria disfrutou dunha xornada deportiva na sede da federación galega de piragüismo en Verducido (Pontevedra). Como podedes ver nas imaxes, nos días previos estiveron practicando no ximnasio do colexio a técnica a empregar nestes barcos nos que o traballo en equipo é fundamental. Chegado o día todo eran nervios por probar os barcos dragón. O tempo acompañounos e puidemos disfrutar dunha xornada moi divertida. Ao chegar as instalacións cada un dos dous grupos seguiu o programa marcado, e así, mentres un recibía as indicacións técnicas pertinentes, o outro facía un percorrido polas instalacións nas que adestran as principais figuras do piragüismo galego, cambiando os papeis a media mañá. Chegaba deste xeito, despois do preceptivo quecemento, o bautismo nos barcos dragón, sen dúbida o prato forte da xornada.

 (Preme na foto para ver as fotos e vídeos da actividade)


 

martes, 4 de mayo de 2021

INICIO DA CAMPAÑA DE MOBILIDADE SOSTIBLE E NON CONTAMINANTE

O luns 3 de Maio arrancou a campaña promovida polo centro pola que pretendemos que o noso alumnado e as súas familias accedan ao colexio andando, en bicicleta, en patíns ou patinete. Na semana anterior se lles explicou en que consistía a campaña e se lle entregou un carnet a cada alumno/a do centro. O reto é que de aquí ao remate do curso accedan ao centro da forma descrita alomenos 20 días. Por cada día que o fagan poñeráselles unha pegatina co logo da mascota gañadora, a nosa centola patinadora, completando deste xeito o carnet coas 20 casillas. De momento a campaña non puido comezar millor. Se o primeiro día foron 130 os nenos e nenas que non viñeron en coche ou autobús, o segundo xa foron 163 dun total de 229 alumnos, co cal podemos calificar este comezo de campaña dun grande éxito.