martes, 7 de diciembre de 2021

XOGADE-FASE COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

Máis de 80 rapaces e rapazas do colexio, de segundo a sexto de Primaria, se deron cita en Portonovo o pasado 18 de Novembro para disputar a fase comarcal de campo a través que organiza a Xunta de Galicia. As restriccións provocadas pola pandemia da covid 19 non impediron que os nosos atletas disfrutaran dunha xornada diferente facendo deporte ao aire libre cos seus compañeiros. Esperemos que pouco a pouco voltemos á normalidade e se poidan celebrar máis actividades deportivas dentro e fora do centro. Aquí tedes unha mostra fotográfica de todos os participantes. 

(Premede na imaxe para ver máis fotos)





lunes, 27 de septiembre de 2021

"A MILLA"

 Como xa fixéramos o ano pasado, o alumnado de 1º a 6º participa un ano máis nunha actividade adaptada que consiste en percorrer unha milla diaria. Para elo empregamos as sesións de Ed. Física desde o comezo do curso. Dicimos actividade adaptada porque, para favorecer a participación e a inclusión, sendo conscientes de que a parte do alumnado lle pode costar moito esta actividade, e en pro de non caer na desmotivación, dámoslles a oportunidade de ir completando millas en diferentes sesións se non son capaces de facelo nuha soa. Así, cada alumno/a dispón dun carnet no que cada vez que se fai a actividade anótase a distancia que  percorreu  durante un tempo de 7 minutos. Ao completar 7 voltas ao circuito do patio teñen unha milla. Cantas millas se percorreran deste xeito durante o curso?. Seguro que moitas!.





miércoles, 23 de junio de 2021

REMATE DA CAMPAÑA DE MOBILIDADE SOSTIBLE

 De tremendo éxito se pode calificar esta campaña que levamos a cabo no terceiro trimestre. O grado de implicación das familias foi moi satisfactorio. Dos 230 alumnos que ten o centro, 147 cumpriron o reto e, polo tanto, tiveron os seus agasallos consistentes nun diploma así como unha chapa e un chaveiro feitos no propio centro tendo como protagonista a mascota da campaña, a nosa centola patinadora. Para aqueles que non completaron o reto tamén houbo un detalle. O éxito desta campaña nos anima a seguir o ano que ven. Agora solo falta que cunda o exemplo e vexamos a máis familias acudindo ao centro a pé, en bici ou en patinete. 




martes, 1 de junio de 2021

CAMPAÑA DE MOBILIDADE SOSTIBLE


Tras 20 días ininterrumpidos desde o 3 de Maio en que comezamos esta campaña, unha boa cantidade de nenos e nenas xa teñen cuberto o seu carnet e, por tanto, acadaron o reto que propoñíamos. Bravo por eles e polas súas familias!. Agora seguirémoslles poñendo pegatinas no seu carnet ata o 18 de Xuño, data na que remata esta campaña e na que haberá sorpresas para todos aqueles que acaden o reto. 

lunes, 31 de mayo de 2021

Actividade "Dragon Boat"

 O pasado venres 14 de Maio, o alumnado de 6º de Primaria disfrutou dunha xornada deportiva na sede da federación galega de piragüismo en Verducido (Pontevedra). Como podedes ver nas imaxes, nos días previos estiveron practicando no ximnasio do colexio a técnica a empregar nestes barcos nos que o traballo en equipo é fundamental. Chegado o día todo eran nervios por probar os barcos dragón. O tempo acompañounos e puidemos disfrutar dunha xornada moi divertida. Ao chegar as instalacións cada un dos dous grupos seguiu o programa marcado, e así, mentres un recibía as indicacións técnicas pertinentes, o outro facía un percorrido polas instalacións nas que adestran as principais figuras do piragüismo galego, cambiando os papeis a media mañá. Chegaba deste xeito, despois do preceptivo quecemento, o bautismo nos barcos dragón, sen dúbida o prato forte da xornada.

 (Preme na foto para ver as fotos e vídeos da actividade)


 

martes, 4 de mayo de 2021

INICIO DA CAMPAÑA DE MOBILIDADE SOSTIBLE E NON CONTAMINANTE

O luns 3 de Maio arrancou a campaña promovida polo centro pola que pretendemos que o noso alumnado e as súas familias accedan ao colexio andando, en bicicleta, en patíns ou patinete. Na semana anterior se lles explicou en que consistía a campaña e se lle entregou un carnet a cada alumno/a do centro. O reto é que de aquí ao remate do curso accedan ao centro da forma descrita alomenos 20 días. Por cada día que o fagan poñeráselles unha pegatina co logo da mascota gañadora, a nosa centola patinadora, completando deste xeito o carnet coas 20 casillas. De momento a campaña non puido comezar millor. Se o primeiro día foron 130 os nenos e nenas que non viñeron en coche ou autobús, o segundo xa foron 163 dun total de 229 alumnos, co cal podemos calificar este comezo de campaña dun grande éxito. 






miércoles, 28 de abril de 2021

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN DE MOBILIDADE SOSTIBLE

 Queremos que o noso alumnado e as súas familias adquiran o hábito de acudir ao centro empregando medios de transporte sostibles e non contaminantes. Por iso imos promover unha campaña para que se faga andando, en bici, en patinete... E que mellor punto de partida que escoller unha mascota e un lema para a mesma...Así llo propuxemos ao noso alumnado e xa temos os que representarán esta iniciativa.  No apartado de mascota. AMAYA MOUGÁN de 4º A dibuxounos unha CENTOLA PATINADORA     que ilustra perfectamente a idea proposta. E como lema da campaña quedámonos coa proposta de MARUXA REY de 1º de Primaria: "CORRE, CORRE, QUE CHEGAMOS AO COLE".


"CORRE, CORRE, QUE CHEGAMOS AO COLE"

lunes, 22 de febrero de 2021

A correr millas!!!

Neste curso o alumnado de Primaria está a percorrer moitas millas no noso patio. E para que quede constancia delo cada alumno/a dispón dun pasaporte donde cada un anota a distancia percorrida. A ver quen é capaz de xuntar máis pegatinas por cada milla conseguida!.