jueves, 3 de diciembre de 2020

KILÓMETROS SOLIDARIOS

 A pandemia da Covid-19 que estamos a vivir non foi impedimento para que o Centro, un ano máis, organizara a súa carreira solidaria en favor da ONG "Save the Children". Tirando de imaxinación, a totalidade do alumnado e profesorado do Centro participou neste evento deportivo, eso sí, coas restriccións establecidas pola pandemia. Así, cada grupo de clase, durante unha sesión de Ed. Física, completou un percorrido polo patio do centro correndo de xeito individual e por relevos, facendoo os mestres en dous recreos. Ao final foron 88 os kms en total percorridos, amosando que a unión fai a forza. Temos que agradecer ás familias a súa xenerosidade xa que se recaudaron neste acto solidario un total de 927,86 euros.

Premendo na imaxe podedes ver a galería de fotos da carreira solidaria.


viernes, 14 de febrero de 2020

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS PARA CENTOS ESCOLARES

O mércores 12 de Febreiro disputouse en Portas o campionato provincial de campo a través para centros escolares. Despois de vencer en case que todos os cursos na fase comarcal disputada en Novembro, a este provincial acudían máis de 70 rapazas e rapaces do noso cole de segundo a sexto de Primaria. Os nosos atletas disfrutaron enormemente desta xornada deportiva ao marxe de obter uns magníficos resultados:
-A nivel individual:
  • Martina Portela-Segundo de Primaria-2ª
  • Xyan Álvarez-Segundo de Primaria-3º
  • Martiño Domínguez-Terceiro de Primaria-1º
  • Mario Aguín-Terceiro de Primaria-3º
  • Sandra Lamelas-Quinto de Primaria-2ª
  • Marcos Aguiño-Quinto de Primaria-1º
  • Mar Cores-Sexto de Primaria-1ª
  • Noa Novas-Sexto de Primaria-3ª
  • David Benavides-Sexto de Primaria-1º
-Por equipos:
  • Segundo de Primaria:4º
  • Terceiro de Primaria:1º-Campións provinciais
  • Cuarto de Primaria:3º
  • Quinto de Primaria:2º
  • Sexto de Primaria:2º 

(Premede na imaxe para acceder á galería)