viernes, 31 de mayo de 2019

CARREIRA ESCOLAR DO SALNÉS-COLEXIO ABRENTE-MAIO 2019

Como xa ven sendo habitual nos derradeiros anos, o centro acudiu a participar á carreira que organiza o colexio Abrente da localidade veciña de Portonovo. Máis de 60 dos nosos alumnos, de 2º a 6º de Primaria, disfrutaron na mañá do venres 24 de Maio desta carreira na que participaron preto de 700 rapaces e rapazas de diferentes concellos pontevedreses. Ao marxe dos resultados conseguidos, que foron moi satisfactorios, o noso alumnado disfrutou dunha magnífica mañá de actividade física.

          (Preme na imaxe para ver a galería de fotos da carreira)

LIGA DE BALONCESTO- 5º de PRIMARIA

Durante o mes de marzo e abril, a totalidade do alumnado de 5º de Primaria complementou o traballado en Educación Física poñendo en práctica o visto nas sesións adicadas ao baloncesto. Ao longo de sete xornadas disputaron unha liga con oito equipos, catro de cada grupo, enfrentándose todos contra todos durante o tempo de lecer un día á semana. Ainda que o deseño da competición correspondeu ao profesor de Ed. Física, o desenrolo da mesma correspondeu ao alumnado, sendo eles quen de organizarse e mesmo de facer de árbitros durante o transcurso dos partidos.