Neste mes de Outubro tamén nos visitou o outro club de baloncesto da vila, o C.B. O Meco. Nunhas sesións dirixidas polo seu director deportivo, o alumnado de 3º e 5º de Primaria puido experimentar o que é unha sesión-tipo de adestramento deste club. Finalmente os membros do mesmo invitaron a todos os nenos e nenas a probar neste apaisoante deporte un día pola tarde no pavillón donde adestran normalmente. Aquí tendes a reportaxe fotográfica, pinchando na foto, das sesións de adestramento.
jueves, 20 de octubre de 2016
miércoles, 12 de octubre de 2016
Coñece o teu club - CLUB BALONCESTO O GROVE
No mes de Outubro. o alumnado de 2º e 4º de Primaria tivo a oportunidade de coñecer un dos clubs da localidade, en concreto o club de baloncesto O GROVE. Dous dos técnicos desta formación dirixiron unha sesión de adestramento en cada nivel na clase de Educación Física. Desta experiencia podedes ver a reportaxe fotográfica pinchando na foto.
martes, 11 de octubre de 2016
PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO
Preparados, listos,...XA!. Un ano máis arrancamos cun montón de propostas de actividades deportivas para os rapaces e rapazas do noso cole. Deixádevos levar e movédevos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)